domingo, 10 de junio de 2012
O TUCÁN TOCO
O tucán toco (Ramphastos toco) é unha das moitas especies que existen de tucán pero, seguramente, este é o máis coñecido e por eso a fago sobre esta especie.
Este curioso animal caracterízase polo seu grande e llamativo pico e polos seus cores: branco e negro.
Soe medir aproximadamente 60 cm e o seu pico 20 cm. O pico parece moi pesado pero é moi lixeiro porque está completamente oco. Soe vivir entre 10 e 15 anos. Viven no este de Sudamérica: en Arxentina, Brasil,... Segun os biólogos, prefiren vivir en espacios abertos e non na zona densa da selva. El come fruta pero as veces soe comer insectos, réptiles ou ovos doutras aves. Para anidar, usan cavidades feitas nas árbores. Poñen entre 2 ou 4 ovos e estes eclosionan ós 16-20 días. Cando as crías saen do cascarón, están completamente desnudos (sen plumas) e non se parecen en nada a un tucán adulto. Crecen de forma moi lenta e abren os ollos ós 21 días.
Espero que vos gustara moito a miña entrada e se podedes, comentade, por favor.
MARIO BOUZA
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario