lunes, 14 de mayo de 2012

OS TERAFÓSIDOS

. Os terafósidos(theraphosidae en grego) son unha familia de arañas migalomorfas, son propias dos países tropicais. Nos países hispanofalantes de América son coñecidas como tarántulas, ao igual ca familia Dipluridae. Sen embargo, non deben confundirse coas tarántulas do " Vello Mundo " que encadran a unha familia moi diferente( Lycosidae), a partir das que se orixinou o nome "tarántula". Os terafósidos son arañas migalomorfas de gran tamaño co corpo cuberto por pelos chamados sedas. Estes arácnidos soen vivir dende as rexións tropicais ata as zonas temperadas de Sudamérica e Centroámerica, así como no suroeste de E.E.U.U, Asia, Europa do sur, África e Australia. O tamaño dos terafósidos depende da súa especie, o seu corpo varía de 1,5 a 10 cm., contando o largo das patas entre 3 e 30cm, a especie máis grande pode chegar a pesar uns 130 gr (Theraphosa blondi). Polo xeral non existe dimorfismo sexual ata a madurez, onde os machos tenden a cambiar a coloración e a forma con quelíceros máis pequenos. Algunhas femias, polo contrario, manteñen o seu colorido e formas ata o final da súa vida. Os machos teñen unha esperanza de vida relativamente curta, concretamente entre os 3 e 8 anos, mentres que as femias poden vivir entre 5 e 25 anos. POR MAURO

No hay comentarios:

Publicar un comentario